Dragon Ball FighterZ

Descrición: Goku supera o seu propio límite! O xogo de  Dragon  Ball máis espectacular dos últimos anos. Feito por  Arc System Works, os creadores de sagas de loita tan importantes como Guilty  Gear e BlazBlue.

Versión: PS4

Nota: Estarán dispoñibles todos os personaxes que saísen ata o momento.

Normativa

  • Tanto a fase eliminatoria como a final disputaranse a BO3.
  • Cada combate será 3 vs3 cun límite de tempo de 300 segundos.
  • Pódese cambiar de loitador entre combates e entre roldas eliminatorias ao gusto do xogador.
  • En semifinais e a final a selección de personaxe poderá ser cega se os xogadores o desexan. Na semifinal e final cada xogador diralle ao organizador que personaxe vai xogar sen que o saiba o rival e despois seleccionaraos evitando así o " counterpicking".
  • Os usuarios poden traer os seus propios controis para participar no torneo, aínda que non inalámbricos (que non sexan o mando de Xbox One), nin con macros/ turbos.
  • Os conversores Cronus Max Plus e Titan One non están permitidos.*
  • Cada xogador deberá axustar os seus controis antes de empezar a loitar, non o podendo facer á metade do combate. É responsabilidade dos participantes ter os controis preparados antes de cada loita.
  • O mapa será seleccionado aleatoriamente, en caso de elixir un mapa concreto reiniciarase cun mapa aleatorio.
  • Queda prohibida a detención dun combate sen xustificación previa, coa penalización de round perdido en caso de producirse.
  • Non se permite o coaching durante os combates.

Observacións

* En caso de necesitar un adaptador para poñer controladores doutra plataforma, a organización dispón de adaptadores Cronus Max Plus preparados expresamente para os torneos. Estes serán os únicos adaptadores permitidos.

A organización non se fai responsable do material achegado polos participantes.

En calquera caso a decisión do organizador prevalece sobre as normas.

A esta normativa compleméntaa a normativa xeral.

twitter facebook youtube instagram