Counter Strike: GO 5v5

  • Versión de Xogo: Counter Strike: Global Offensive
  • Idioma: Indiferente
  • Plataforma: PC
  • Máximo de xugadores por equipo: 6 participantes
  • Xeral

Modo de Competición: 5 versus 5

o Gañará o primeiri equipo que acade 16 rondas

o Xogaranse as rondas extra ata que se decida un gañador

o A organización poderase conectar ao servidor como observador ou para realizar tarefas de administración

o Os xogadores están obrigados a gardar a partida.

O servidor tamén o fará automaticamente.

  • Configuración Xeral do Xogo

Fase de Grupos: 30 roldas (xogadas ao mellor de 30): 15 como Terrorista e 15 como Anti-Terrorista por equipo.

Se un equipo gaña 16 roldas, o xogo terminará inmediatamente

Condición de Gañador de Xogo: O primeiro equipo en conseguir 16 roldas

En caso de empate xogaranse 6 roldas extra ata decidir un gañador: 3 como Terrorista e 3 como  Anti-Terrorista por equipo

Fase de Brackets: 30 roldas (xogadas ao mellor de 30): 15 como Terrorista e 15 como  Anti-Terrorista por equipo.

Se un equipo gaña 16 roldas, o xogo terminará inmediatamente

Condición de Gañador de Xogo: O primeiro equipo en conseguir 16 roldas

En caso de empate xogaranse 6 roldas extra ata decidir un gañador: 3 como Terrorista e 3 como  Anti-Terrorista por equipo

Condición de Gañador: O equipo que consiga 2 xogos

Condición de Gañador da Final: O equipo que perdese a menor cantidade de xogos posible, sendo esta cero se gaña a primeira partida o equipo do  bracket de  Winners

Tempo por Rolda: 1 minuto 45 segundos

o Xogarase unha rolda a coitelo ou lanzarase unha moeda para escoller equipos

Diñeiro ao comezar a rolda: 800

Diñeiro Extra ao  recomenzar a rolda: 10.000

Mapas Oficiais: cache, nuke, inferno, train, mirage, overpass e dust2

Usarase o método de Veto de Mapa para seleccionar os mapas a xogar.

Lanzarase unha moeda para escoller quen empeza vetando o primeiro mapa.

o Só os capitáns de equipo poderán usar as mensaxes públicas no xogo

Esta norma tamén se aplica cando estea morto.

Calquera uso de mensaxes públicas por outro integrante do equipo será  sancionable polo menos cun aviso

Os outros integrantes do equipo teñen que usar o modo de mensaxes de equipo

o sexto integrante ou adestrador pode dicir tácticas ou consellos desde detrás do equipo só durante as pausas do xogo

En caso de continuar durante o xogo, o equipo será  sancionable polo menos cun aviso

o O sexto membro ou adestrador terá que abandonar a zona de xogo se llo manda a organización

Se existe un problema, poderase pausar a partida para solucionalo.

Se non está resolto antes de 5 minutos, o capitán deberá avisar á organización para evitar sancións.

En caso de non avisar tras 5 minutos ou de non permitir á organización tratar de resolvelo, o equipo será descualificad.

Armas permitidas na fase a coitelo ou muyos

▪ Coitelos

Comandos permitidos

Están permitidos todos os comandos de lanzamento/xogo que veñan incluídos, salvo:

▪ mat_hdr_enabled

▪ +mat_hdr_enabled 0/1

▪ -mat_hdr_level 0/1/2

▪ cl_showpos 1

▪ cl_showfps 1

▪ net_graph 0/1

Calquera comando atopado nas opcións de lanzamento non aprobado por un organizador, será sancionado polo menos cun aviso.

o Configuracións de Vídeo Permitidas

▪ Brightness - Calquera

▪ Digital Vibrance - Calquera

▪ Contrast - Calquera

▪ Image Sharpening - Ningunha

▪ Gamma - Calquera

▪ Ajustes 3D - Calquera

▪ Escala de juego - Calquera

▪ HZ USB - Calquera

▪ Color Depth Distinto a 16 bits

Calquera xogador que non estea nestes límites será sancionado polo menos cun aviso.

Calquera outro parámetro da configuración da tarxeta gráfica poderá ser cambiado sempre que non supoña unha vantaxe.

o Opcións Aceptadas

▪ Axustar punteiro ( Adjust_crosshair )

▪ Zurdos ( Left Hand )

o Usaranse os skins por defecto

o O emprego de calquera fallo de mapa ou xogo ( bugs ou cheats ) erá  sancionable polo menos cun aviso ou perderá a partida en favor do adversario despois da deliberación dos organizadores

o O factor gamma poderá ser cambiado no controlador da gráfica

  • Valores permitidos no Cliente

net_graph 0

cl_showpos 0

cl_showfps 0

  • Valores por defecto que non poden ser cambiados

cl_winddir

cl_windspeed

cl_removedecals

cl_fastdetailsprites

cl_interp

  • Prácticas deshonestas sancionables

o Os xogadores poden instalar e utilizar calquera programa de comunicación de voz:  ventrilo,  team  speak,  mumble, ...

A organización non se responsabiliza nin da súa instalación nin da súa configuración.

o Os xogadores poden comunicarse verbalmente se están vivos no xogo ou cando todos deixen de estalo

o Os xogadores considéranse como mortos cando a súa pantalla se volve completamente negra. Se unha pantalla non se volve completamente negra, considerarase morto aos 3 segundos

o Os xogadores non se poderán comunicar de ningún xeito con outros membros de equipo ou opoñentes ata o principio da seguinte rolda

Se o xogador continúa, o equipo poderá ser sancionado ou eliminado

o Poderase ir encima dun compañeiro de equipo ( boosting ), excepto naqueles lugares onde as texturas, muros, teitos ou firmes se volvan transparentes ou penetrables

o Non se poderá cambiar o  duck ao scroll do rato

o O C4 teñen que ser posto nun lugar visible

Poderase poñer usando boost

o Poñer C4 silencioso considérase un fallo de xogo. A súa práctica supoñerá ser sancionado polo menos cun aviso.

o Permítese lanzar granadas por encima dos edificios en todo o mapa, nunca por baixo dos edificios

o Se pasa algo cun bug das bengalas cegadoras, revisarase a partida e sancionarase ao infractor

o Calquera uso de bugs das bengalas cegadoras resultará polo menos nun aviso.

En caso de intencionalidade, o equipo será sancionado polo menos coa perda da rolda ata a descualificación.

o Poderanse usar GUIs personalizadas de código aberto, que poderán ser revisadas

o Non se poderán usar modelos ou skins personalizados que non pertenzan ao xogo (nin skins de armas)

o Non se permitirá o uso de texturas de mapa personalizadas

o Non se permite o uso de programas de cheats

o Non se permite o uso de bugs de mapas

o O uso dun Sky Box será sancionado coa descualificación do equipo.

o Non se poderá facer fireboosting

o Non se poderá facer mapswinmming floating

o Non se poderá empregar o pixelwalking

o Non se poderán empregar os gráficos de 16 bits

o Non se permite o uso de certos scripts (Jumpthrow, recoil, AWP, Center or turn view, lag, ...)

o Non se permite a conduta antideportiva presencial ou por chat

o A organización poderá revisar as prácticas deshonestas ou o uso destes scripts

o Se a organización considera que terceiros dan vantaxe a un xogador, o equipo será sancionado polo menos cun aviso

  • Desconexións durante unha partida

o Se ningún participante pode xogar debido a accidentes desintencionados ou de visibilidade do servidor

Antes de comezar a terceira rolda desde o último restart, empézase de novo o xogo nese último restart.

Despois de que comece a terceira rolda, o xogador desconectado deberá entrar no servidor. A rolda continúase sen pausa. Se o xogador non se pode conectar ao servidor, o resto de xogadores esperarán no tempo entre roldas ata que o xogador  reconecte. Neste momento continúase o xogo normalmente

o Se ata 3 participantes desconectan desintencionadamente, descártase a puntuación da rolda. A rolda párase no tempo entre roldas e os xogadores esperarán ata que reconecten os participantes. Cando todos conectaron, continúase o xogo

o En caso de desconexión intencionada, a organización sancionará ao equipo

  • Tan só o capitán ou o manager de equipo poden protestar ou alegar cousas á organización

Se un participante non está de acordo con algunha norma, pode comentarllo a un organizador antes da partida

En caso de non querer conectar co servidor, sancionarase ao equipo coa descualificación

  • Se un organizador decide volver comezar a partida, o equipo que non acate a súa decisión será descualificado
  • Todos os xogadores han de estar na zona de xogo cunha antelación mínima de 10 minutos respecto ao horario oficial de xogo.

No caso de que falte algún xogador no momento de iniciarse a partida, esperaranse cinco minutos antes de nomear gañador ao adversario.

Estas normas poderán ser cambiadas pola organización de forma total ou parcial antes dun xogo.

twitter facebook youtube instagram