Asiste

ZONA PARTY:

 

Cando

Do 3 ao 5 de maio de 2019

Onde

Expourense

Enderezo:

Finca Sevilla s/n
32005 Ourense

Como chegar

Cordenadas de GPS:

Latitud 42º 18’ 54.756”
Longitud 7º 51’ 48.1602”

 

Acreditación

A acreditación comezará el Xoves 2 ás 16:00 e rematará o Domingo 5 ás 17:00 no seguinte horario:

Xoves 2
16:00 22:00
Venres 3
10:00 22:00
Sábado 4 10:00 22:00
Domingo 5 10:00 17:00


 

Información sobre espazo para pernoitar

Será posible durmir no recinto, na zona de descanso destinada para iso, desde a noite do día 2 ata a noite do día 4. Polo tanto, o recinto deberá ser abandonado o día 5 tras a finalización do evento, non habendo posibilidade de pernoitar nel o devandito día.

Cada participante deberá levar o seu propio material de acampada (saco de durmir, esterilla, colchón inchable ou tenda de campaña).

Non se poderán utilizar cordas para a suxeición das tendas de campaña, é dicir, estas deberán ser de tipo automontable.

Así mesmo, as tendas e os colchóns deberán ser do tamaño máis reducido posible, é dicir, deberán gardar relación co número de persoas que as vaian a utilizar.

Non se poderán instalar tendas ou colchóns que non cumpran estas condicións, a non ser que se deba a razóns xustificadas e fose excepcionalmente autorizado pola organización.

Esperamos que se todos atendedes a esta solicitude non teñamos dificultades de espazo. De calquera modo, se se xerasen problemas porque algún participante ignorase as indicacións expostas esta organización verase na obriga de pedir aos responsables a retirada dos elementos que os causasen. Agradecémosvos a vosa colaboración de antemán.

^subir

 

Entradas de día

Hai dúas modalidades de estar na Technium R Encounter: adquirir unha entrada para os 3 días polo proceso habitual, ou adquirir unha entrada de día. O prezo da entrada de día é de 10 € e poderá ser adquirida no mostrador de acreditación, dentro do seu horario de validez.

A validez das entradas de día é de 10:00 a 22:00, e só existirán os días 3, 4 e 5 de Maio (venres, sábado e domingo).

A entrada de día non dá dereito a conectar un computador na party.

 

Ademais a Technium R Encounter conta cunha zona aberta, de acceso gratuíto, tanto para os asistentes á party como ao público xeral.

Máis información sobre a EXTRANET aquí

^subir

Plano

 

^subir

 

twitter facebook youtube instagram