Inscríbete

Este ano disporemos de 512 sitios para poñer o voso computador.

A entrada á party dá dereito a un posto para situar o computador, toma de corrente (unha soa toma por posto) e conexión a rede local e internet. Con todo, non é necesario traer o computador, nese caso non se poderá reservar praza.

Prezo: 32 €

Data de preinscrición: A partir do 2 de abril. A preinscrición NON asegura a praza.

A partir desa data será posible darse de alta na web, acceder ao sistema e organizar grupos de reserva. Disponse duns días para poder telo todo preparado antes de que dea comezo a reserva.

Data de reserva: Martes, 9 de abril ás 10:00 da mañá.

Se tes calquera problema coas reservas ou a extranet, ponte en contacto con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Para máis información sobre o proceso de inscrición

 

Procedemento para realizar a reserva

1.- ENTRA 

Accede ao sistema. Se aínda non tes un usuario, poderás rexistrarte (aqueles que xa teñan un usuario creado no sistema non teñen que darse de alta de novo).

2.- PREINSCRÍBETE

Se o período de inscricións comezou, no apartado 'Reserva', encher os datos de preinscrición para a nova edición.

Se se opta por realizar a reserva en grupo, formar o grupo de reserva (explicado no seguinte punto).

3.- RESERVA

Se o sistema de reservas comezou, realizar a reserva, podendo optar entre realizala en grupo ou de forma individual:

Nota importante: non é necesario refrescar a páxina do sistema de reservas manualmente, xa que o sistema é automático. Os usuarios que abusen do sistema serán bloqueados de forma temporal.

Reserva en grupo

Será o líder do grupo o interlocutor coa organización. Se non queres que o líder do grupo sexa a persoa responsable, NON fagas a reserva en grupo.

  1. Cada membro do grupo debe encher a ficha de preinscrición da party.
  2. Alguén (o líder do grupo) crea un grupo e dá o nome do grupo e o contrasinal aos seus amigos.
  3. Os amigos únense ao grupo usando o contrasinal dado polo líder do grupo.
  4. Cando as reservas teñan comezado, o líder do grupo realiza a reserva para todo o grupo. No cadro 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar reserva'. Ninguén máis pode unirse ao grupo despois disto, polo que será preciso contactar con Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. se o grupo foi pechado por erro. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
  5. O líder do grupo realiza o pagamento para TODO o grupo. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
  6. O líder recibe o e-mail de confirmación de pagamento.
  7. A organización realiza a asignación dos sitios. Unha vez realizada, o líder do grupo recibirá un email.
  8. Cada membro do grupo elixe o seu sitio de entre os sitios do grupo (sempre que na ficha de preinscrición indicase que levará ordenador).
Reserva individual
  1. Encher a ficha de preinscrición da party.
  2. Cando as reservas teñan comezado, realizar a reserva. No cadro de 'Reserva' haberá unha opción para 'Realizar Reserva'. Nese momento mostrarase a información de como realizar o pagamento (a non ser que a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, nese caso será incluído na lista de espera).
  3. Realizar o pagamento. O pagamento realizarase mediante tarxeta.
  4. A organización realiza a asignación dos sitios. Unha vez realizada, recibirás un email (sempre que na ficha de preinscrición indicases que levarás ordenador). 

Usando calquera dos métodos anteriores, só se disporá de sitio na party, tras realizar a reserva correspondente e a confirmación do pagamento.

^subir

 

Asignación de sitios

A asignación dos sitios realizarase mediante a organización do evento, en aras de optimizar o espazo dispoñible.

^subir

Acerca da lista de espera

Cando a cota de reservas dispoñibles se teña esgotado, ao realizar a reserva serás incluído na lista de espera, e no caso de que obteñas unha reserva, recibirás un e-mail con información para realizar o pago (non será posible realizar o pago ata ter asegurada a reserva).

A medida que se produzan cancelacións de prazas confirmadas, esas reservas iranse asignando á lista de espera.

Nota: Aínda estando aberta a lista de espera, é posible que o mapa de ocupación mostre prazas de cor verde, pero non significa que estean libres. Significa que esas reservas xa foron asignadas, aínda que as prazas non fosen seleccionadas polo usuario.

^subir

Procedemento para solicitar devolución de entradas

É importante que aquela persoa que finalmente non vaia poder asistir e teña unha entrada realice a devolución. Así poderemos dar cabida a aquelas persoas que quedaron sen sitio e desexan asistir.

As devolucións realizaranse tendo en conta a data de confirmación da baixa.:

  • Ata o 26 de april, - devólvense 15 €.

Para tratar calquera tema referente ás devolucións escribir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co tema "DEVOLUCIÓN" no asunto da mensaxe (se é reserva de grupo será mediante o líder do grupo).

^subir

twitter facebook youtube instagram