Zona VR Experience

Apertura da ZONA VR
3-4 de Maio de 10:00 a 22:00

A realidade virtual (VR), que era unha gran descoñecida, pouco a pouco estase a converter en algo máis extendido na nosa sociedade.

O soporte maioritario no que a podemos atopar é no ocio, aínda que cada vez é máis doado atopala noutros ámbitos como a medicina.

Na área de hardware disporemos dunha zona VR. Esta zona atoparase aberta para todo o público, únicamente deberás achegarte e gozar do que será o futuro do entretemento. Poderás experimentar sensacións únicas, por exemplo, ser sobrevivinte dunha apocalipse zombie , un jedi manexando a súa espada láser ao ritmo da música ou mesmo un artista da rúa debuxando en spray sobre paredes. Todas estas e moitas experiencias máis estante agardando na zona VR.

twitter facebook youtube instagram