Concurso de Fotografía

A temática seravos revelada en canto se active a actividade na intranet.

A fotografía ten que estar sacada dentro das instalacións ou nos arredores máis inmediatos do mesmo, tendo en conta que sempre debe haber algún elemento que faga referencia á  party dalgunha forma.

Polo demais non hai limitación no tamaño da imaxe, técnica de cor ou profundidade, pero non poderán ser modificadas con ningún tipo de programa de edición fotográfica. Aínda que serán proxectadas en pantalla grande, tampouco fai falta que sexan arquivos xigantescos.

Sube as túas fotografías á Intranet (máximo 3 por participante) Se presentades máis dun traballo, que sexa NUN CARTAFOL COMPRIMIDO.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. As imaxes proxectaranse en pantalla a noite do venres. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.

twitter facebook youtube instagram