AMV

TEMA: COMIDA. Todo tipo de comilona, cultura gastronómica, e enchentas en xeral!

Un Anime Music Video (video musical de anime) máis coñecido polo acrónimo AMV) é un vídeo musical realizado xeralmente con temática de Anime. A principal característica dos AMV é que están compostos de escenas dunha ou máis series ou películas de anime acompañadas por unha canción que busca sincronizarse co ritmo desta última. Debido ao seu carácter multimedia e a que son realizados de forma informal por fanáticos do anime, o maior medio de difusión dos AMV é o Internet a través de sitios web como upves.com e Youtube. E agora as Encounter!!

Unha vez comezada a party poderedes subir as vosas creacións á Intranet.

Non esquezades poñer o voso nome ou nick e posto na party, por se tivésemos que poñernos en contacto convosco. Os traballos proxectaranse en pantalla a noite do venres. A Organización resérvase o dereito de non proxectar aquelas producións cuxo contido considere inadecuado.

twitter facebook youtube instagram