Technium R Encounter 19: sobresaínte na edición que marca o seu futuro

  • O incremento da velocidade de conexión a Internet, que pasou de 1 Gbps a 10 Gbps, e a solvencia técnica da redede R, que se mostrou perfectamente estable durante todo o evento, supuxeron un salto técnico cualitativo para a lanparty
  • Os organizadores valoran moi positivamente esta edición, a primeira en Expourense, que lle permitiu ao evento ofrecer máis e mellor oferta de contidos a participantes e visitantes
  • Este ano consolidouse a área formativa, cunha zona de talleres e conferencias que obtivo unha grande acollida
  • A participación dos asistentes ao evento en todos os torneos e actividades foi moi alta, e os xurados das competicións de arte dixital destacaron a alta calidade das creatividades presentadas a concurso

 

A Technium R Encounter termina hoxe cun balance enormemente positivo, segundo os organizadores. A súa sétima edición, a máis ambiciosa ata a data, saldouse cun sobresaliente en todas as áreas, incluíndo os aspectos técnicos e os contidos ofrecidos a participantes e visitantes. Son salientables o incremento da velocidade de conexión a Internet, que pasou de 1 Gbps a 10 Gbps, e a solvencia técnica da rede do operador R, que se mostrou perfectamente estable durante todo o evento. Estes datos confirman o salto técnico cualitativo da lanparty, unido ás espectaculares instalacións que proporciona Expourense, sede por primeira vez do evento.

Este ano consolidouse a área formativa, cunha zona de talleres e conferencias, que obtivo unha gran acollida. As temáticas das charlas que máis interese espertaron foron as relacionadas cos bos usos da tecnoloxía, mentres que os máis pequenos gozaron especialmente coas actividades de programación.

Doutra parte, a actividade dos 500 participantes no evento en todos os torneos e concursos foi tamén moi alta, e os xurados das competicións de arte dixital destacaron a alta calidade das creatividades presentadas a concurso. Os apartados de composición de música dixital, deseño gráfico e edición de vídeo destacaron especialmente polo alto nivel dos traballos. E tamén foi reseñable o número de apuntados ás probas de software libre, unha categoría que require coñecementos de programación e seguridade informática e que pon a proba o enxeño e os coñecementos dos inscritos.

A lanparty, organizada pola asociación Technium, conta co patrocinio dea Xunta de Galicia, de R e de Expourense. Os organizadores mostráronse especialmente satisfeitos tamén coas visitas recibidas en novo espazo aberto ao público, denominado Extranet, no que puideron acceder a conferencias gratuítas, e zonas dedicadas ás impresoras 3D, os videoxogos e a realidade virtual.

Na pasada edición, a Technium R Encounter quedou vinculada á rede de ' Encounters' de Euskaltel, que naceu en Euskadi hai 25 anos, e da que forman parte a Euskal Encounter, a Gipuzkoa Encounter e a Araba Encounter. Ademais, o de Ourense é o segundo evento galego que incorpora o apelido “ Encounter” á súa denominación, despois da XGN R Encounter de Silleda (Pontevedra). Estas sinerxias marcan a nova etapa da Technium R Encounter, que busca consolidar a futuro un crecemento do evento a nivel de participantes e oferta de actividades.

Technium R Encounter

Voz:

643786542 (de luns a venres de 9 a 14 h)

Correo electrónico:

contacto@techniumrencounter.org

Responsables de prensa:

Aitor Ubarretxena. Infotres Comunicación.
943 22 45 30 / 609 12 16 66
E-mail: press@euskalencounter.org

 

Localización

twitter facebook youtube instagram