Iremos informando sobre as diferentes actividades que haberá na Extranet.
HANA
Que é o proxecto HANA?
Unha carreira para lanzar un ‘dummy’ dun hámster ao espazo e conseguir as mellores métricas para recuperalo posteriormente con vida.
A través dunha contorna colaborativa as misións HANA poñen ao alcance de nenos e non tan nenos a carreira espacial.
A quen vai dirixido?
A estudantes de centros de educación secundaria e profesorado.
Quen organiza e colabora?
“Laconnetwork” xunto coas diferentes empresas que configuran o panorama TIC Galego.
Zona VR Experience
A realidade virtual (VR), que era unha gran descoñecida, pouco a pouco estase a converter en algo máis extendido na nosa sociedade.
O soporte maioritario no que a podemos atopar é no ocio, aínda que cada vez é máis doado atopala noutros ámbitos como a medicina.
Na área de hardware disporemos dunha zona VR. Esta zona atoparase aberta para todo o público, unicamente deberás achegarte e gozar do que será o futuro do entretemento. Poderás experimentar sensacións únicas, por exemplo, ser sobrevivinte dunha apocalipse zombie , un jedi manexando a súa espada láser ao ritmo da música ou mesmo un artista da rúa debuxando en spray sobre paredes. Todas estas e moitas experiencias máis estante agardando na zona VR.
Granxa impresoras 3D
A impresión 3D chegou para quedar. Unha auténtica revolución doméstica e profesional que cambiou moitos fogares e que o seguirá facendo ao longo do tempo.
Wuautech
En Wuautech cremos que a mellor maneira de gozar da realidade virtual é facelo sen accesorios, sen mandos. Creamos experiencias e xogos de grandes dimensións nas que a locomoción resólvese andando.
Se facemos un xogo de plataformas, o usuario subirá e baixará de plataformas reais, collerá moedas co seu corpo e saltará de verdade. Se hai que completar un percorrido, atravesará taboleiros e seguirá o camiño coma se dun circuíto se tratase.
O noso obxectivo é emocionar e xerar sensacións. Por iso facemos desenvolvementos absolutamente inmersivos nos que mesturamos o virtual e o real, o físico e o dixital.
É a hiperrealidade e nunca sentiches nada igual.